A Deputación de Lugo e a Asociación de Mulleres Rurais Landra organiza un recital poético e musical en Taboada esta tarde

RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo e a Asociación de Mulleres Rurais Landra organiza un recital poético e musical en Taboada esta tarde
As Aldeas da Memoria Taboada
29 Apr 2023

O antigo cuartel de Taboada acolle esta tarde ás 18.00 horas un recital poético e musical ao redor do libro “As aldeas da memoria”, con poemas de Baldo Ramos e fotografías de Nachok.

O acto, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración da Asociación de Mulleres A Landra, dá difusión ao poemario editado polo Servizo de Publicacións, que reflexiona, a través da palabra e a imaxe, sobre o despoboamento das aldeas.

Os autores recitan os poemas co acompañamento do músico Mano Panforreteiro, que xenera paisaxes sonoras con instrumentos musicais e
obxectos sonoros.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo refroza con estas actividades a promoción e difusion dos títulos editados ou participados polo Servizo de Publicacións, apoiando a súa venda nas librarías e poñendo en valor o traballo das súas autoras e autores.

As Aldeas da Memoria Taboada
0.18054008483887