A Deputación comezou o desbroce dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación comezou hoxe o desbroce dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais aos que a institución destina máis de un millón de euros.
desbroce estradas roza caminos
2 Jun 2022

A Deputación de Lugo comezou este mércores os traballos de desbroce nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais, aos que destina máis de 1M€ nesta anualidade. As rozas arrincan de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividido o contrato da rede viaria dependente da institución para levalo a cabo dun xeito máis eficiente.

Con estas tarefas, a Deputación mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán.

As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes:

  • Zona 1: O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
  • Zona 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.
  • Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
  • Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
  • Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
  • Zona 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
  • Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
  • Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
  • Zona 9: Lugo e Guntín.
  • Zona 10: Castroverde e O Corgo.
  •  Zona 11: Friol.
  •  Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
  •  Zona 13: Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.
  •  Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
  •  Zona 15: Becerreá e As Nogais.
  •  Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
  •  Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
  •  Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.
  •  Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
  •  Zona 20: Taboada e O Saviñao.
  •  Zona 21: Chantada e Carballedo.
  •  Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
  •  Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
  •  Zona 24: Pantón e Sober.

Prioridade

A mobilidade é unha das grandes liñas de actuación da Deputación porque se trata dun factor esencial para favorecer o equilibrio territorial, fixar poboación no rural e dinamizar a economía e o emprego. Nesta liña, o Goberno decidiu subir nun 7%, ata chegar aos 17,3M€, o investimento para estradas no Orzamento deste ano 2022, uns recursos destinados a tarefas de mellora, desbroce, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

0.15729904174805