A Deputación aproba o reparto de 80.500 euros para asociacións de 11 concellos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Xunta de Goberno acordou o pago de 14 subvencións
dineiro-cartos-moedas-orzamento
Cartos
3 Ago 2024

A Xunta de Goberno aprobou o último paso administrativo para o pago de 14 subvencións dentro do programa da Deputación para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios. En total son máis de 80.500 euros para diferentes entidades de 11 concellos da provincia:

  • Á MVMC San Miguel do Páramo de Castroverde, 6.000€ para o acondicionamento e mellora da fonte de Arrubial.
  • Á MVMC de Villabad de Castroverde, 6.000€ para a mellora do firme do vial comunal no monte de Vilabade.
  • Á asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Cospeito, 3.997,3€ para o acondicionamento do caseto do río e a adquisición de equipamento.
  • Á asociación veciñal Escola da Asnela de Espasante de Arriba, de Riotorto, 6.699€ para a mellora do entorno e acondicionamento da fonte pública da Vila.
  • Á asociación de veciños Vilar de Santiago, de Riotorto, 5.690€ para o acondicionamento da fonte do lugar da parroquia da Muxueira.
  • Á asociación de Santiago de Sobrecedo, en Taboada, 6.000€ para o acondicionamento de accesos e fontes.
  • Á asociación de Agro Pena da Vila, de Friol, 5.274,5€ para a dotación dun local social.
  • Á asociación Santa Cruz do Valadouro, 5.878,71€ para o acondicionamento dunha pista forestal.
  • Á asociación Castro Celta de Taboada, 5.985€ para o acondicionamento dun local social.
  • Á agrupación veciñal de Peizais, da Fonsagrada, 6.000€ para a mellora da traída de augas desta aldea da parroquia de Neiro.
  • Á MVMC de Sabadelle Seixón de Portomarín, 6.000€ para a mellora e adecuación do firme en diferentes vías e accesos.
  • Á MVMC de Filgueira de Palas de Rei, 5.981,81€ para o arranxo do lavadoiro e o sistema de abastecemento asociado.
  • Á Agrupación Veciñal de Santalla, en Cervantes, 6.000€ para a rehabilitación da fonte e do seu entorno deste lugar situado na parroquia de Ambasvías.
0.19688415527344