A Deputación acondiciona e repara a fachada do Pazo de San Marcos

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo acomete traballos de reparación e acondicionamento da fachada do Pazo de San Marcos, sede da institución
Obras San Marcos
18 Oct 2022

A Deputación de Lugo acomete traballos de reparación e acondicionamento da fachada do Pazo de San Marcos, sede da institución provincial. As tarefas, adxudicadas en 150.000€, consisten na limpeza das paredes e da súa mampostería, o saneamento de fisuras e gretas, a eliminación de humidades e de filtracións de auga e o pintado.

O proxecto tamén contempla a colocación na fachada dunhas letras en aceiro pintado co texto Deputación Provincial de Lugo, que xa existían antes da remodelación da Praza de San Marcos e que identificarán á institución que alberga o Pazo. Os traballos completaranse coa reparación da pintura do Salón de Plenos, que presenta zonas afectadas pola antiga presenza de humidades.

Esta actuación súmase aos traballos de reposición da lámina impermeabilizante da parte plana do tellado de San Marcos, deteriorada polo paso do tempo, que se levaron a comezos do pasado verán, e á renovación da cuberta cun investimento de 350.000€ realizada no ano 2020.

Todas estas medidas adoptadas polo Goberno provincial servirán para garantir a conservación do Pazo de San Marcos, pero tamén para darlle unha maior prestancia a este edificio histórico.

0.15865206718445