Os deportistas monfortinos que participaron nos XV Xogos do Eixo Atlántico en Portugal foron recibidos

RibeiraSacraXa
José Tomé, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados
XV-Xogos-do-Eixo-Atlántico-en-Portugal-Monforte
8 Ago 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu a delegación de deportistas monfortinos que participaron nos XV Xogos do Eixo Atlántico en Portugal, os pasados 30 de xuño a 5 de xullo, nas cidades portuguesas de Braga e Vila Nova de Famalicão.

No acto de recoñecemento, o rexedor estivo acompañado polos deportistas homenaxeados, a tenente de alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, así como familiares dos atletas, que recibiron un trofeo individual personalizado en recordo da súa participación nos Xogos do Eixo Atlántico.

Os deportistas monfortinos competiron nas modalidades de Baloncesto (feminino e masculino), Fútbol 7 (masculino), Voleibol (feminino), Atletismo (masculino e feminino) e Natación (feminina e masculina).

O rexedor monfortino recordou, en atletismo, as dúas medallas acadadas polo atleta Ismael Rodríguez Nieves, unha medalla de prata en 1.000 metros en pista masculino e unha medalla de bronce en atletismo en ruta masculino.

En canto as clasificacións por disciplinas deportivas, a delegación monfortina quedou no 5a en voleivol, 12a en fútbol, 15a en baloncesto feminino e 17ª en baloncesto masculino.

Tras estes resultados, o alcalde felicitou á delegación de deportistas monfortinos na súa nova participación nos Xogos do Eixo Atlántico, que “estou seguro fixeron con ilusión, esforzo e ambición, os cales lles permitiron acadar estes bos resultados".

José Tomé, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte galego e portugués”.

Tomé concluíu o acto, animando ós deportistas a que “sigan traballando para acadar novos éxitos para o deporte monfortino, neste tipo de competicións que se parecen a unhas Olimpíadas, e tamén nas que disputan ben individualmente ben a través dos seus clubs”.

0.18962788581848