A décima edición do Eidos Fest regresa a O Courel para descubrir o territorio literario de Uxío Novoneyra

A décima edición do Eidos Fest celebrarase do 29 ao 31 de agosto de 2025 arredor da figura de Uxío Novoneyra e da súa obra 'Libro do Courel'. A Fundación Uxío Novoneyra organiza esta cita cultural que combina poesía, música e rutas para descubrir o territorio literario ao redor da casa do autor.
O venres 29 de agosto, as actividades arrincarán no Curral cunha exposición fotográfica e unha intervención vocal de Nerea Vilaboa ás 17:00 horas. A continuación, no Souto da Rubial, celebrarase unha conversa poética con Nieves Neira e Xabier Cordal ás 18:30 horas. Pola noite, na Horta, actuarán os grupos 'Furada' (21:00), 'Moura' (22:00) e 'DJ Tristón' (23:00).
O sábado 30, os asistentes poderán participar en avistamentos de paxaros d’Os Eidos no Souto da Rubial ás 09:30 e 10:30 horas. Ás 12:30 horas terá lugar unha conversa poética dentro do programa de 'Afinidades Electivas' con Oriana Méndez e Jaume Coll Mariné. A Horta acollerá ás 13:30 un homenaxe musical a Emilio Cao con 'Fonte do Araño' e actuacións de 'Amiga Alba' e 'Delgada', seguido dunha sesión vermú ás 14:00 horas. Xa pola tarde, no Curral, celebrarase un recital con 'Isolda Santiago', 'Mohamed Bitari', 'Inés López' e 'Idelfonso Rodríguez' ás 18:00 horas. Pola noite, na Horta, actuarán 'Lobeira' (20:00), 'Loita Amada' (21:30) e 'DJ Tristón' (22:30).
O domingo 31, as actividades comezarán na Aldea cunha ruta pola arquitectura de Parada ás 10:30 horas guiada por Xosé Allegue. No Curral, ás 12:00 horas, presentarase a nova edición da biografía de Uxío Novoneyra 'A Distancia do Lobo' con Antón Lopo e Manuel Jabois. A programación rematará na Horta ás 13:00 horas coa actuación de 'Son de Corda'.
O Eidos Fest ofrece así unha combinación de cultura, música e natureza para achegar a veciños e visitantes á obra dun dos escritores máis destacados de Galicia.