A D.O. Ribeira Sacra promociona os viños da zona na Feira Nacional do Viño

RibeiraSacraXa
FENAVIN, considerada a feira de referencia do viño español, celébrase esta semana en Cidade Real coa presenza de 24 referencias da Denominación de Orixe
vides-viticultura-ribeira-sacra-recurso
6 May 2025

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará na nova edición de FENAVIN, a Feira Nacional do Viño, que se celebra dende este martes, 6 de maio, ata o 8 de maio de 2025 no Pazo de Feiras IFEDI de Cidade Real.

FENAVIN, organizada pola Deputación Provincial de Cidade Real, está considerada a feira de referencia do viño español. Na edición de 2025 contará coa participación de máis de 2.000 adegas e cooperativas, e agárdase a asistencia de preto de 15.000 compradores nacionais e 4.000 internacionais.

A D.O. Ribeira Sacra, en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), estará presente no Túnel do Viño de Galicia, un espazo dedicado a amosar a diversidade e calidade dos viños galegos. Nesta ocasión presentaranse 24 referencias da Denominación de Orixe, incluíndo 6 viños brancos e 18 tintos, elaborados por 10 adegas diferentes.

Ademais desta participación institucional, sete adegas da D.O. Ribeira Sacra contarán con stand propio na feira son Ronsel do Sil S.L., Pazo de La Cuesta SLU, Dominio do Bibei S.L.U., Adega Vella Xeracións SL, Adega Saíñas C.B., Ponte da Boga, Rectoral de Amandi.

A presenza da D.O. Ribeira Sacra neste evento responde ao compromiso do Consello Regulador e das súas adegas por reforzar o seu posicionamento nos mercados nacionais e internacionais, salientando a singularidade dos seus viños e a riqueza vitivinícola do territorio.

⚙ Configurar cookies
0.15684580802917