A D.O. Ribeira Sacra participa no Mondial Deas Vins Extremes con 53 mostras

RibeiraSacraXa
A Denominación de Orixe da Ribeira Sacra leva 53 mostras ao Mondial deas Vins Extremes, certame internacional.
Mondial Deas Vins Extremes certame vino
16 Xul 2021

O Mondial deas Vins Extremes, certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, que organiza o CERVIM no Val italiano de Aosta celébrase entre o 15 e 16 de xullo no que participa a Denominación de Orixe Ribeira Sacra con 53 mostras.

Os criterios que deben de cumprir as Denominacións para que os seus viños participen no certame deben de ser algúns das seguintes: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas.

A D.O. Ribeira Sacra é referente mundial do que se denomina viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en terrazas; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e con carácter turístico.

O CERVIM, promotor da cita busca con ela valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria. O seu obxectivo é salientar as características únicas destes viños e dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a posta en valor do territorio.

A D.O. Ribeira Sacra presenta este ano, 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta son un trampolín internacional para os seus viños e convertérona nun dos referentes mundiais máis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.

cata de vinos
0.17922592163086