A D.O. Ribeira Sacra entregou os premios do Mondial de Vins Extremes 2024
A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres a súa tradicional comida de Nadal, un encontro de confraternidade na que se dá cita o sector do viño. Este encontro, que tivo lugar en de Monforte de Lemos, aproveitándose para facer entrega dos premios do Concurso Internacional “Mondial de Vins Extremes”, que se celebrou en setembro no Valle d´Aosta (Italia).
O Mondial des Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas). A esta edición, a D.O. Ribeira Sacra presentaba 39 mostras de 16 adegas. A Ribeira Sacra sempre é un referente neste concurso acaparando ano tras ano importantes recoñecementos
Neste comida de Nadal da DO. Ribeira Sacra o presidente Antonio Lombardía ademais de desexar Felices Festas repasou as principais accións levadas a cabo neste 2024 e avanzou proxectos para o 2025.
“Estamos a facer unha aposta clara pola calidade dos nosos viños. Queremos tamén mellorar a dixitalización da DO e dos nosos viticultores. Temos que poñer en valor a axuda o mantemento da paisaxe que axudara a manter a rendibilidade das explotacións vitícola”, aseguraba Lombardía.
Así a D.O. Ribeira Sacra voltará a estar presente en Prowein en Düseldorf (Alemaña) e na Barcelona Wine Week
A nivel formativo faise un esforzo pola formación para competir en mercados internacionais, preparan formación WSET 2 (Wine & Spirit Education Trust). O enoturismo tamén se converte nunha área á que prestar especial coa certificación da ruta do viño e a nova plataforma dixital con unha nova Web .
Nesta edición do Concurso, a D.O. Ribeira Sacra recibiu varios galardóns, subliñando a calidade e o carácter distintivo desta denominación:
Gran Medalla de Ouro:
- D.O. Ribeira Sacra Mencía Quitapesares 2020 – Adega Vella Xeracions S.L. (Abeleda)
- D.O. Ribeira Sacra Godello Pazo da Maga 2023 – Pazo da Maga S.L.U. (Sober, Lugo)
Medalla de Ouro
- D.O. Ribeira Sacra Vía Romana Mencía La Heroica 2019 – Adega e Viñedos Vía Romana (Chantada, Lugo)
- D.O. Ribeira Sacra Pizarras y Esquistos 2021 – Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas, Ourense)
- D.O. Ribeira Sacra Brancellao 2022 – Pazo de la Cuesta (Ribas de Sil)
- D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Xoan 2023 – Bodega Gullufre (Sober, Lugo)
- D.O. Ribeira Sacra Mencía Prómine Singular 2023 – Bodegas Petrón S.L. (Doade, Sober, Lugo)
- D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Bernardino Ibio 2021 y D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Bernardino Carcava 2023 – Don Bernardino (Sober, Lugo)
- D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Cosme 2022, D.O. Ribeira Sacra As Covas 2019 y D.O. Ribeira Sacra Godello Inseparables 2021 – EDV S.L.U. (Quiroga, Lugo)
- D.O. Ribeira Sacra Origen 2020 – Regina Viarum S.L. (Sober, Lugo)
Desde o Consello Regulador destacan que os resultados reflicten o esforzo continuo das adegas da Ribeira Sacra por producir viños de gran calidade, aínda que se enfronten ás condicións adversas que presenta este tipo de viticultura. O recoñecemento acadado no Mondial des Vins Extrêmes subliña a relevancia desta denominación dentro do panorama internacional dos viños de montaña.