A D.O. Ribeira Sacra convértese en protagonista do Salón dos Mellores Viños de España

RibeiraSacraXa
A D.O. Ribeira Sacra convértese en protagonista do XXII Salón dos Mellores Viños de España, no Ifema de Madrid
viticultura RS portada
27 Nov 2022

O XXII Salón dos Mellores Viños de España que terá lugar en Ifema Madrid mañá luns días 28 e o martes 29 de novembro acolle como un dos protagonistas do acto á D.O. Ribeira Sacra.

A cita que estará dirixida exclusivamente a profesionais do sector vinícola é un referente a nivel nacional e internacional onde terán cabida tódolos proxectos enolóxicos.

A D.O. Ribeira Sacra será protagonista do Salón dos Mellores Viños de España para pechar a xornada de maña luns 28 de novembro ás 18.30 horas.

A enóloga, María Isabel Mijares García-Pelayo, guiará unha cata comentada dunha selección de viños da Denominación que obtiveron máis de 90 puntos na edición 2023 da Guía Peñín.

Así a D.O. Ribeira Sacra presenta a este acto unha variada representación dos viños que elabora, cantando Brancos de 2021 (un Godello e un Branco Summum), 3 Mencías de 2021, Tintos de Barrica (un de 2019 e outro de 2017) e un Merenzao de 2020. Acompañará a Mª Isabel Mijares, o Presidente do Crdors, José Manuel Rodríguez.

Estas catas comentadas que organiza a D.O. Ribeira Sacra no Salón dos Mellores Viños de España contan cada ano cunha excelente aceptación, de modo que as prazas ofertadas cóbrense de inmediato e xérase unha lista de espera de persoas interesadas en achegarse ós nosos viños.

Ademais deste acto promovido dende o Crdors, numerosas adegas da D.O. acoden á cita a título individual.

viticultura RS
0.12063884735107