A cuarta edición de Quilómetros Verticais Cumes do Courel chega maña ás montañas do municipio

RibeiraSacraXa
A cuarta edición de Quilómetros Verticais Cumes do Courel chega maña ás montañas do municipio cunha competición e rutas de sendeirismo
Courel Quilómetros Verticais portada
19 Ago 2022

Esta fin de semana celébrase en Folgoso do Courel a 4ª edición de Quilómetros Verticais Cumes do Courel organizada por Montouto Club de Montaña en colaboración co concello do municipio.

A proba inclúe unha gran novidade para este ano: o Quilómetro Vertical Formigueiros do sábado día 20 ás 16.00 horas será por primeira vez Campionato Galego Individual e por Clubs de Carreiras Verticais da F.G.M. (Federación Galega de Montañismo).

O sábado ás 16.00 horas farán a saída os participantes do QV Formigueiros (3.9 km e 950 de desnivel positivo) e ás 21.30 horas volverán colocarse na liña de saída para o QV Coto (2 km e 500 de desnivel positivo).

Como colofón final á fin de semana, o domingo 21 ás 10.00 horas QV Penaboa (4.6 km e 960 de desnivel positivo).

As probas disputaranse en Moreda e Ferreirós de Abaixo no concello Folgoso do Courel, Xeoparque  Montañas do Courel.

Con 110 rexistrados de diferentes puntos de España e coa presenza dos mellores especialistas en carreiras verticais de Galicia, María Ferreiro e Borja Varela tentarán revalidar a súa vitoria do ano anterior.

A  primeira e o primeiro clasificado con licenza FGM do ano en curso do QV Formigueiros farase co título de Campión Galego de Carreira Vertical. Os Clubs con federados en FGM poderán disputar o título de Campionato Galego de Carreira Vertical de Clubs.

Como parte dos eventos da fin de semana, a organización ofrecerá tres rutas de sendeirismo con saídas o sábado ás 15.00 horas e ás 20.30 horas e o domingo ás 09.00 horas. Todas elas serán guiadas e de dificultade alta.

Pódese consultar toda a información e horarios na web https://quirogatrail.es/

Courel Quilómetros Verticais
0.18954205513