A cuarta edición de 'Os 3000 do Courel' desenvolverase este sábado, 29 de xuño
RibeiraSacraXa
Cumpre catro anos a “ruta de sendeirismo máis dura de Galicia”
24 Xuño 2024
Coureleando organiza a súa actividade ‘Os 3.000 do Courel’, que comezaron a facer en 2021 e que este ano vai cumprir catro anos como a “ruta de sendeirismo máis dura de Galicia”.
Desta maneira, o vindeiro 29 de xuño será o día no que as persoas interesadas participen dunha ruta de 30,2 km con desnivel positivo de +3000 metros e un desnivel negativo de -3100 metros, polo que se establece como un nivel de dificultade extremo.
A ruta, ao ser de 30,2 km, durará aproximadamente unhas 15 horas, saíndo do Concello de Folgoso do Courel ás 07.00 horas acompañados polo técnico deportivo de Media Montaña, Guillermo Díaz.