A crise vitícola na Ribeira Sacra xenera controversia e críticas hacia a Xunta
A crise que enfronta o sector vitícola da Ribeira Sacra desencadea unha serie de críticas cara á Xunta de Galicia e os alcaldes do Partido Popular, pois os viticultores da rexión atópanse con excedentes de uva que non poden vender, o que pon en risco moitas parcelas de viñedo para a próxima tempada.
Os problemas polos que está pasando a industria do viño na Ribeira Sacra levou ao partido político Interior Galego Vivo a criticar tanto á Xunta de Galicia como aos alcaldes do PP polo seu manexo da situación. Os viticultores enfrontan excedentes de uva e riscos para as súas parcelas, e IGV esixe solucións urxentes.
O conflito intensificouse tras as declaracións do alcalde de Sober, Luís Guitián, quen xeneralizou a responsabilidade da crise, algo que dende o partido político Interior Galego Vivo consideran como un intento de eludir a culpa e evitar que a Xunta asuma a súa parte. Interior Galego Vivo critica que estas declaracións desvían a atención das verdadeiras responsabilidades e non ofrecen solucións concretas para os viticultores afectados. Os deste partido político reclaman á Xunta tomar medidas rápidas para evitar o abandono de parcelas e a perda de viñedos tradicionais.
Aínda que as axudas destinadas á conservación da paisaxe vitícola foron ben recibidas, IGV argumenta que estas non abordan o problema inmediato dos excedentes de uva. As axudas enfócanse en preservar elementos paisaxísticos como os muros de pedra seca, pero non resolven a cuestión das uvas non vendidas nin compensan adecuadamente aos viticultores. Interior Galego Vivo insiste en que se deben adoptar medidas urxentes, como a compensación pola uva non vendida, para protexer as parcelas e evitar unha crise maior.
Dende este partido político tamén sinalan que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra tardou en recoñecer a crise e en implementar medidas efectivas. A organización insiste na necesidade de adoptar accións estruturais, como limitar novas plantacións e establecer vixilancia meteorolóxica, para asegurar o futuro do sector vitivinícola na rexión.