Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A caída de novos contaxios impulsa o descenso continuado da covid na provincia malia que a hospitalización que aumenta e hai dúas vítimas mortais máis da pandemia. Así, hai 629 casos activos, 38 menos que onte, cun rexistro de 10 novos positivos e 46 altas. Onte houbo un descenso de 60 casos activos, con 27 novos enfermos e 87 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.704 casos rexistrados e 243 persoas falecidas, 26 nesta quinta vaga. Son dúas máis que onte, dous homes de 90 e 76 anos ingresados no Hula.
A presión hospitalaria sobe significativamente. Hai 26 persoas ingresadas en tres hospitais (3 máis). Na UCI do Hula seguen os 3 pacientes que había e nas diferentes plantas son 23 os enfermos; 13 están no de Lugo (2 máis), 2 na Mariña e 8 en Monforte (1 máis).
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Ningún.
- En alerta alta: Monforte.
- No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
Só dous concellos sumaron casos por riba de dez esta xornada, os dous no sur, Taboada e Quiroga. Tamén esta comarca é a que máis presente ten o virus xa que todos os concellos agás 1 teñen casos e novos contaxios. Na Mariña só 6 están nesta situación, 3 en Terra Chá, 9 no centro e 2 na comarca de Sarria. Agora mesmo só 31 concellos tiveron contaxios novos na última xornada.
A Mariña
- A Pontenova leva xa quince días sen contaxios.
- Alfoz, por debaixo de 10.
- Barreiros suma dúas semanas sen casos.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo leva unha semana sen casos.
- Foz, por debaixo de 10 casos.
- Lourenzá está sen casos novos unha semana.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro xa firma unha semana limpo de covid.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos xa durante quince días.
- Ribadeo, por debaixo de 10 casos.
- Riotorto, sen casos xa en quince días.
- Trabada sen casos xa en quince días.
- Viveiro reduce ata 10 (1 menos).
- Xove, sen casos máis de quince días.
Terra Chá
- A Pastoriza leva máis dunha semana sen casos novos.
- Abadín, unha semana xa sen casos.
- As Pontes leva unha semana sen casos.
- Begonte, unha semana sen casos.
- Castro de Rei baixa 1 ata 10 e suma unha semana sen contaxios novos.
- Cospeito, por debaixo de 10 casos.
- Friol xa leva quince días sen contaxios.
- Guitiriz, sen casos na última semana.
- Meira sen casos na última semana.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei segue por debaixo de 10.
- Pol, sen casos novos en quince días.
- Rábade, por debaixo de 10 casos.
- Vilalba certifica unha semana sen casos.
- Xermade, unha semana sen contaxios xa.
Comarca de Sarria
- Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
- O Incio, por debaixo de 10.
- O Páramo leva xa unha semana sen casos.
- Paradela xa leva unha semana sen casos.
- Samos xa leva quince días sen contaxios.
- Sarria continúa con 25 casos.
- Triacastela, xa son quince días sen casos novos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo de 10.
- Antas de Ulla baixa 1 e queda con 10.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla baixa 1 casos ata 13.
- Baleira leva sen casos quince días.
- Becerreá, por debaixo de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes xa leva quince días sen casos.
- Guntín, unha semana sen casos.
- Lugo cae ata 146, 13 casos menos.
- Monterroso baixa a 12 casos (1 menos).
- Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo leva unha semana sen casos.
- Palas de Rei segue con 17 casos.
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, por debaixo de 10.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón reduce a 10 contaxios (1 menos).
- Bóveda leva xa quince días sen casos.
- Carballedo, por debaixo de 10 casos.
- Chantada baixa 1 caso ata 10.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte volve baixar contaxios. Son 141, 3 menos.
- O Saviñao xa está por debaixo de 10.
- Pantón, por debaixo de 10.
- Quiroga sobe ata 13 (2 máis).
- Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
- Sober, por debaixo de 10.
- Taboada sobe de novo a 12 casos (2 máis).
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.