A Coral de Bóveda deleitou ao público nun festival de corais en Pravia

RibeiraSacraXa
A Coral de Bóveda deleitou ao público nun festival de corais en Pravia, e era a primeira vez que se presentaban ao evento
Coral de Bóveda
27 Xuño 2023

A Coral Polifónica Municipal de Bóveda participou, por primeira vez no festival de corais en Pravia, Asturias, este sábado, no que tamén formaron parte a Coral de Renfe de Monforte e a Coral Santiago López de Pravia.

Durante o evento, catorce persoas, sete homes e sete mulleres, uniron as súas voces para cantar ao unísono cancións que deixaron aos asistentes en silencio durante varios minutos, nos que a Coral de Bóveda recreou sons melódicos a través das súas cordas vogais.

Antoaneta Evdosieva, directora da Coral de Bóveda, resaltou o "resultado fantástico" da participación neste evento e anunciou que xa están preparando novas actuacións para citas de interese das que irán informando para que as persoas interesadas en deleitarse coa súa actuación, poidan facelo.

0.21990489959717