A Consellería do Medio Rural declara de utilidade pública e de interese social o polígono agroforestal de Bóveda

RibeiraSacraXa
A Consellería do Medio Rural declara de utilidade pública e de interese social o polígono agroforestal de Bóveda
bosque monte forestal arbores
bosque monte forestal arbores
10 may 2023

A polígono agroforestal de Ver, parroquia de Bóveda, vén de ser declarado de utilidade pública e de interese social pola Consellería do Medio Rural, despois de que O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicara tres decretos da Consellería sobre os polígonos agroforestais de Ver (Bóveda), A Graña de Seoane (Montederramo) e Freixido (Larouco).

Neste informe, ponse en valor unha superficie total de case 300 hectáreas e elévase a 11 o número de polígonos de iniciativa pública declarados en Galicia ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Agora, iniciarase a redacción do estudo de viabilidade e o proxecto básico dos polígonos, investigando a titularidade das fincas e traballando na reestruturación da propiedade nas distintas áreas.

O polígono agroforestal de Bóveda, xunto cos outros dous, é de iniciativa pública, polo que os procedementos serán sometidos a un proceso de concorrencia competitiva. Ademais, a declaración de utilidade pública e interese social implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia dos procedementos.

Desta forma, poñeranse en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha actividade agrícola ou forestal.

Da mesma maneira, o polígono agroforestal de Ver (Bóveda) orientarase tamén á gandaría en extensivo (pastos) e a cultivos forraxeiros e herbáceos nunha extensión de 51,97 hectáreas, cunhas 292 parcelas e 200 propietarios.

Con respecto ás causas polas que procede desenvolver estes tres polígonos, estas son a existencia dun estado de abandono ou infrautilización dun mínimo do 50% da superficie de terras do polígono agroforestal, así como o acordo das persoas propietarias dos predios, acadando ata un 70% da superficie das terras incluídas no perímetro proposto.