A Consellería de Medio Ambiente mellorará antes de final de ano a sinalización e o equipamento no Souto de Rozavales

RibeiraSacraXa
Os traballos consistirán na renovación e mellora da cartelería e do mobiliario recreativo, así como na creación dun paseo máis accesible entre a vila medieval e o monumento natural
castiñeiro-de-pumbairiños-souto-de-rozavales-manzaneda
Monumento Natural Souto de Rozavales
22 Nov 2025

A Consellería de Medio Ambiente, a través do Servizo de Patrimonio Natural, levará a cabo antes de que remate o ano a renovación e mellora da cartelería e do mobiliario recreativo no Monumento Natural Souto de Rozavales.

Ademais, instalaranse postes, frechas e balizas para facilitar o percorrido entre a Vila Medieval de Manzaneda e o Souto de Rozavales, creando un paseo máis accesible, visible e atractivo para os visitantes.

Desde o Concello de Manzaneda explican que, para a elaboración deste plan, o consistorio colaborou activamente na identificación das necesidades de sinalización, achegando imaxes e axudando na configuración e edición do trazado dixital do paseo natural.

⚙ Configurar cookies
0.070567846298218