A Confraría do Viño de Quiroga aumenta as prazas para os confrades en 33
A Confraría do Viño de Quiroga abre o prazo para que as persoas interesadas en ser confrades poidan presentar as súas solicitudes. Ata o de agora a confraría tiña 23 prazas, pero agora vaise aumentar ata as 33.
Esta institución foi creada hai máis dunha década con 23 confrades e desde entón houbo poucos cambios nos seus membros ata que no 2019, unha praza vacante permitiu a incorporación da primeira muller confrade.
Os requisitos imprescindibles que piden para formar parte da Confraría do Viño é estar interesado no mundo do viño e implicarse nas actividades que convoca esta organización. Ademais, para poder presentarse as persoas interesadas deberán contar con tres padriños que sexan confrades en activo.
O prazo para presentar as solicitudes, que deben cumprimentarse na Casa da Cultura, estará aberto ata o 30 de abril. Unha vez presentadas haberá unha votación por parte dos confrades ordinarios para elixir aos novos membros, segundo mandan os estatutos desta asociación.
E a un mes da Feira do Viño de Quiroga a Confraría xa ten data marcada para o seu tradicional desfile, un acto solemne no que os confrades vestidos co seu traxe de gala e desfilando pola rúa Real quiroguesa anuncian a festa o sábado 23 de marzo.