A Confederación de Empresarios de Lugo organiza un obradoiro sobre innovación en Chantada
O Telecentro de Chantada acolle este venres un obradoiro dedicado a empresas do municipio que queiran dixitalizar o seu negocio.
A iniciativa, baixo o nome de 'Primeiros pasos cara a innovación, está organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo e coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Chantada.
Durante a xornada, que durará desde as 17.00 ás 19.00 horas, as persoas emprendedoras ás que lles interese participar desta iniciativa, poderán facelo para mellorar as súas perspectivas de negocio.
Só hai dez prazas para participar deste obradoiro intensivo e práctico sobre innovación, que ten por obxectivo realizar unha análise e diagnóstico sobre a capacidade e posibilidades de innovación da empresa, así como deseñar un itinerario de actuacións para conseguir o obxectivo.