A concentración mototurística O Rexurdimento da Curuxa desenvolverase a partir desta tarde

RibeiraSacraXa
O percorrido será por Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel e conta coa colaboración do Xeoparque Montañas do Courel
Concentración-mototurística-A-Curuxa
23 Ago 2024

O motoclube A Curuxa organiza O Rexurdimento a partir de hoxe, venres 23, e durante a fin de semana, días 24 e 25 de agosto, en Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

Desta maneira, todo comezará coa apertura do recinto ás 18.00 horas e ás 21.00 horas terá lugar a ruta nocturna, que rematará ás 23.00 horas coa pancetada e ás 00.00 horas haberá un concerto de Sound Sisters, para logo dar lugar á Queimada ás 01.00 horas e o Dj Michel porá o punto e final ao día ás 02.00 horas.

Pola súa parte, o sábado 24 de agosto comezará o día ás 09.00 horas co almorzo e ás 11.00 horas terá lugar a Ruta Mototurística por Serra do Courel, que rematará ás 14.00 horas coa comida en Las Vegas. Así, ás 18.00 horas haberá xogos moteiros e pintacaras para nenos e nenas e ás 20.00 horas haberá un concerto de Mario Colomán. Xa ás 21.00 horas cenarase, ás 23.00 horas terá lugar o Stunt Show con Emilio Zamora, ás 00.00 horas actuará En Mala Hora e ás 01.30 horas estará o Dj Dani Dániel Dj.

Finalmente, o domingo 25 será o último día, que comezará de novo ás 09.00 horas para facer unha ruta polos xeomiradoiros ás 11.00 horas, rematando ás 14.00 horas cuns pinchos no recinto no que, ademais, haberá sorteo de agasallos e música a cargo do Recanto.

0.23204398155212