A comunidade educativa do Courel e a veciñanza de Seoane denuncian a situación da estrada LU-651

RibeiraSacraXa
Máis de cen persoas concentráronse na entrada de Seoane do Courel para protestar pola situación que viven desde hai case 2 anos
Anpa-Courel-queixas-peche-lu-651
12 Xuño 2024

Nais, pais, alumnos e alumnas e persoas que conforman a Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel e veciñanza da parroquia de Seoane concentráronse para denunciar a situación que se vive no municipio polos continuos retrasos e cortes nas obras da estrada LU-651 no tramo entre Ferrería Vella e Seoane.

Así, expresaron a súa preocupación, xa que afecta directamente ao transporte escolar do que dependen moitas familias do municipio e, sobre todo, a educación dos nenos e nenas que hai no Courel.

En total, máis de cen persoas ateigaron a entrada da localidade de Seoane para protestar por esta situación que levan soportando case dous anos, ao que se suma un desprendemento de rochas que tivo lugar recentemente e que provocou máis dificultades para os estudantes.

A Anpa xa mandou escritos de queixas á Dirección Xeral de Mobilidade, solicitando unha solución urxente para o transporte escolar no Courel e esperan que eses escritos teñan resposta de maneira pronta.

Pola súa parte, a alcaldesa, Lola Castro, reuniuse coa conselleira de Planificación de Infraestruturas, María Martínez, para abordar o tema e Martínez asegurou que os traballos estarán rematados en outubro.

0.16414499282837