A Comunidade de Aprendizaxe “Montes de Saberes” volveu a reunirse en Monforte

RibeiraSacraXa
Durante a xuntanza realizouse unha revisión xeral sobre a importancia da xestión e certificación forestal para os montes comunais
xuntanza-montes-de-saberes-monforte
Xuntanza da Comunidade de Aprendizaxe "Montes de Saberes" en Monforte de Lemos
27 Feb 2025

O pasado 25 de febreiro, Monforte acolleu unha nova xuntanza das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”, no marco do proxecto Comunidades de Aprendizaxe Rurais Sostibles de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.

En base á petición dos comuneiros realizada na xornada anterior, asistiron como poñentes Javier Mariño e Asier Bea de Cerna Consultores e a Dra. M Josefa Lombardero Profesora Titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela no departamento de Producción Vegetal e Proxectos de Enxeñeria.

Durante a xuntanza realizouse unha revisión xeral sobre a importancia da xestión e certificación forestal para os montes comunais da zona así como un achegamento ao complexo mercado do CO2 e as súas repercusións reais no momento da negociación deste tipo de contratos. Posteriormente, a especialista en control de pragas, a Dra. Mª Josefa Lombardero explicou como detectar, previr, actuar e eliminar as pragas máis comúns dos piñeiros, eucaliptos e castiñeiros. No encontro, as persoas participantes resolveron as súas consultas a través dun onde tiveron a oportunidade de expoñer as súas problemáticas e inquietudes.

⚙ Configurar cookies
0.05379581451416