A compañía Os Quinquilláns levará a súa función ‘Cousas’ a Taboada

A compañía de teatro Os Quinquilláns levará a súa obra ‘Cousas’ a Taboada o próximo martes, 5 de agosto. Trátase dunha adaptación da coñecida obra de Castelao, cun enfoque marcado pola retranca, o humor e o costumismo galego.
A función mestura traxedia, farsa e comedia a través de cinco episodios das ‘Cousas’ de Daaniel R. Castelao.
A representación comezará na Casa de Cultura e continuará no Cuartel Vello, onde se desenvolverá o groso da función.
A actividade está organizada pola Área de Cultura, Deporte e Medio Rural do Concello de Taboada e a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e está aberta a todo o público.