A compañía Metátese Teatro leva este domingo a Bóveda a súa función ‘O Xuízo’

A Casa da Cultura de Bóveda acollerá este domingo 23 de novembro, ás 19:00 horas, a representación da obra teatral ‘O Xuízo’, a cargo da compañía Metátese Teatro.
Esta actuación enmárcase dentro do circuito de Teatro Afeccionado 2025, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e ofrece unha oportunidade para gozar dunha proposta cultural local no municipio. A entrada é libre ata completar aforo.