A compañía de teatro Elefante Elegante chega este xoves a Monforte

RibeiraSacraXa
A compañía de teatro Elefante Elegante actuará no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos este xoves 4 de novembro.
elefante elegante 2
3 Nov 2021

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios continua en Monforte de Lemos este xoves 4 de novembro ás 20.15 horas no Edificio Multiusos coa posta en escena da terceira obra correspondente a este ciclo, Dreaming Juliet da compañía Elefante Elegante. É unha obra composta por Gonçalo Guerreiro, adaptada por María Torres e Gonçalo Guerreiro e protagonizada por María Torres, Gonçalo Guerreiro, Marta Alonso, Nacho Martín e Mighelón Paz.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes, sendo o aforo limitado seguindo a normativa sanitaria no momento da realización do espectáculo.

A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación ás 19:15 h e a entrada o salón de actos realizarase ás 20:00 h.

Sinopse

“Dreaming Juliet” é a nova creación para público adulto da compañía Elefante Elegante. O espectáculo inspírase na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor.

A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación.

A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final.

Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso en que non tivesen morto. Que lle acontecería ó seu profundo amor se acabasen formando familia e tivesen que enfrontar a rutina de tódolos días?.

Dreaming Juliet
0.22160196304321