A comedia “A presa” chega a Quiroga da man do Grupo Humorístico Trípode

RibeiraSacraXa
A función terá lugar este domingo no Auditorio
a-presa-quiroga
20 Dec 2025

Este domingo 21 de decembro, Quiroga acollerá a segunda cita teatral da súa programación de Nadal coa comedia “A presa”, a cargo do Grupo Humorístico Trípode.

O espectáculo, que comezará ás 18:00 horas no Auditorio Municipal, presenta unha historia baseada en feitos e sentimentos reais. A obra narra a loita da veciñanza de Fontefría contra un proxecto de encoro que ameaza con afogar a súa aldea e poñer en risco o seu xeito de vida. A través do humor, “A presa” invita á reflexión sobre a modernidade e os seus efectos sobre a natureza e as comunidades rurais.

O Grupo Humorístico Trípode é un colectivo afeccionado de teatro da comarca da Mariña, coñecido polas súas propostas próximas e críticas. Esta actuación conta co patrocinio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo e forma parte da programación de Nadal organizada polo Concello de Quiroga. A entrada é libre.

⚙ Configurar cookies
0.075955867767334