A CHMS xa puxo en marcha o proceso de expropiación dos terreos onde se construirá a EDAR
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil xa ten en marcha o proceso de expropiación urxente e forzosa dos terreos necesarios para poder construír a nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no polígono do Reboredo de Monforte.
Desta maneira, o vindeiro 25 de xaneiro haberá unha reunión cos veciños e veciñas afectados por estas obras, da parroquia de Piñeira, nas oficinas do organismo no barrio da Pinguela entre as 10.00 e as 13.30 horas e pola tarde, de 16.00 a 16.45 horas.
Así, desde a CHMS contan con que en cinco meses poidan ter rematados os traballos de elaboración do expediente de expropiación dos terreos que afectan a 22 propiedades, xa que se ocupará un terreo de uso rural que vai desde o polígono empresarial ata o río Cabe.
https://galiciaxa.com/2023/09/rsxa/zonas-rsxa/monforte-rsxa/229788/