A CHMS subvencionará parte das obras para mellorar o paso sobre o río Pontiño do Saviñao
RibeiraSacraXa
A CHMS subvencionará parte das obras para mellorar o paso sobre o río Pontiño do Saviñao despois das intensas chuvias
4 Abr 2023
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil substituirá a obra do paso sobre o río do Pontiño do Saviñao.
Con esta obra “permitirase a drenaxe do río Pontiño baixo a estrada que une a LU-P-5820 e a LU-P-3202, que tralas intensas chuvias de fin de ano obrigaran a cortar o tráfico na infrastrutura”, explican desde o PSOE do Saviñao.
A inversión ronda os 150.000 euros, dos cales a CHMS aporta o 80% e o Concello O Saviñao o 20% restante.