A CHMS prepara unha nova estación SAIH en Quiroga

RibeiraSacraXa
Estes puntos permiten recoller e transmitir os datos en tempo real das variables hidrometeorolóxicas
obras-estacion-saih-rio-quiroga-confederacion
14 Sep 2024

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) amplía a súa rede de Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Quiroga ao seu paso polo municipio lucense do mesmo nome.

Estas actuacións supoñen un investimento estimado de 44.000 euros e enmárcase dentro do proxecto europeo Poctep Risc_Plus, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do programa Interreg VIN A España – Portugal (Poctep) 2021-2027., financiada a través do proxecto europeo Poctep Risc_Plus.

Neste momento están a executarse os traballos necesarios para a súa posta en funcionamento, consistente na obra civil, a instalación da instrumentación para monitorizar o nivel da auga no leito, a pluviosidade ou a temperatura ambiente, así como o sistema de adquisición e tratamento dos datos rexistrados destas variables no novo punto de control, datos que se transmitirán cada cinco minutos ao Centro de Control de conca (CECU), situado en Ourense.

A nova estación ampla o número de puntos de control da Rede SAIH da CHMS que actualmente conta con 116 estacións, que permiten recoller e transmitir os datos en tempo real das variables hidrometeorolóxicas, tales como caudal nos ríos, volume almacenado nos encoros, nivel das augas, precipitación ou temperatura, con actualizacións cincominutais.

A instalación destes sistemas avanzados de control non só optimizará a monitorización en tempo real das condicións hidrometeorolóxicas, mellorando o coñecemento da demarcación hidrográfica, senón que tamén contribuirá á protección do medio ambiente e da poboación e os seus bens.

O acceso aos datos precisos e en tempo real que proporciona a Rede SAIH, permite ás autoridades competentes tomar mellores decisións, anticipándose mediante a prevención, preparación e protección, para os efectos dos fenómenos extremos como as inundacións e secas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16565585136414