A CHMS intensifica os traballos de recuperación ambiental nas zonas afectadas polos incendios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) reforzou nos últimos meses as actuacións de recuperación ambiental nos municipios máis afectados polos incendios do pasado verán. O organismo, dependente do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico, traballa con especial atención en áreas como Valdeorras, Carballeda de Avia ou o Macizo Central, onde xa se teñen executado intervencións en cauces, captacións e ladeiras.
Segundo explicou o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, “tras los trabajos de análisis y comprobación de la magnitud, ya el 9 de septiembre las brigadas del Programa de Conservación de Cauces comenzaron a ejecutar los trabajos más urgentes”. O responsable do organismo engadiu que o 24 de setembro o Ministerio autorizou un investimento de tres millóns de euros para actuacións de emerxencia, o que permitiu que actualmente “14 brigadas trabajen en la zona gallega de la demarcación, con el apoyo puntual de las 10 brigadas de Conservación de Cauces”.
A Confederación apunta que, dende o inicio, as prioridades foron protexer captacións de auga potable, actuar en zonas con risco de inundación e atender espazos especialmente sensibles, como reservas hidrolóxicas, áreas da Rede Natura 2000 ou tramos con especies ameazadas.
Entre os traballos executados figuran pequenas estruturas de contención para frear a erosión, como albarradas e faíñas, así como a retirada de madeira queimada e a limpeza de obstrucións en pasos e pontes. Tamén se están realizando plantacións nas ribeiras para estabilizar os solos e reducir o arrastre de sedimentos.
No conxunto da demarcación, a CHMS contabiliza xa máis de 20.810 metros lineais de faíñas e 3.130 metros de albarradas, ademais de 34 captacións de abastecemento atendidas e máis de 16 quilómetros de cauces intervidos. Quiroga destacou que “estos trabajos, iniciados el pasado 9 de septiembre, suponen un notable esfuerzo para el personal adscrito a las brigadas de trabajo, debido a lo abrupto del terreno y a la falta de accesos”.
O presidente do organismo insistiu en que se está actuando “intensamente en las zonas en las que se redujo drásticamente la cubierta vegetal por efecto del fuego”, unha situación que incrementa o fluxo de auga e sedimentos cara aos ríos e acelera os procesos erosivos. Minimizar estes impactos é o obxectivo central da intervención. “Circunstancia que tratamos de paliar o minimizar”, concluíu.