A CHMS insta ao aforro de auga ante as previsións de seca

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A CHMS lembra aos Concellos a necesidade de realizar un uso sostible da auga e á aplicación de medidas de aforro.
mapa consumos auga
5 Aug 2022

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, celebrou a VII reunión da Oficina/Mesa Técnica da Seca da CH Miño-Sil, constituída o pasado mes de febreiro.

A precipitación rexistrada durante este ano hidrolóxico é un 41,8 % inferior á media histórica; os encoros atópanse ao 51,30% da súa capacidade, o que supón un 18,17% inferior á media histórica e os caudais circulantes uns 40,1% inferiores aos habituais para esta época do ano.

Unha vez analizados todos parámetros, atendendo ao PES – Plan Especial de Seca-, os escenarios actuais son de normalidade tanto no Miño Alto como no Baixo Miño, de Prealerta na conca do Sil Superior e Inferior e de Alerta nas concas dos ríos Cabe e Limia. "Hai que destacar que estamos ante o ano hidrolóxico máis seco da serie histórica, aínda que, similares ao actual en, 2002, 2005, 2011, 2012 e 2017, o que evidencia os efectos adversos do cambio climático".

RECOMENDACIÓNS

Como recomendacións xerais, desde a CHMS lembran aos concellos a necesidade de realizar un uso sostible da auga e á aplicación de medidas de aforro; evitando baldeo de rúas, rega de xardíns, campos de deportes, eliminación de fontes, e mesmo cominándolles a valorar a necesidade de levar a cabo restricións horarias da auga, entre outras medidas. Ademais remitiranse escritos ao resto de Usuarios da auga, como Comunidades de Regadores e empresas hidroeléctricas, instándolles a executar accións que melloren a eficiencia na utilización deste recurso.

Ante a situación de Alerta que se repite nos ríos Cabe e Limia, instarase os concellos da zona para ser máis estritos coas medidas de aforro, restrinxindo o uso ao básico, e ser máis vixiantes co cumprimento dos e recomendacións e elaboración de bandos sobre o uso do recurso, como administración competente e xestora do abastecemento a poboacións.

Por outra banda, e atendendo ás consultas de distintos concellos da provincia de Ourense e algún do sur de Lugo sobre a problemática que xorde na gandería por falta de auga para os animais, informaráselles sobre a forma máis eficiente e rápida de obter unha Concesión Temporal, remitíndolles as instrucións oportunas e os impresos a cumprimentar para actuar con eficacia e dilixencia na resolución desta problemática xurdida pola seca na que estamos inmersos.

INCENDIOS

“No transcurso da reunión debateuse, tamén, acerca da necesidade de mellorar as zonas devastadas polos incendios recentes, nas que habería que actuar con rapidez e dilixencia para evitar arrastres e filtracións que alterarían a calidade da auga dos leitos fluviais e dos acuíferos, co interese de protexer a saúde dos veciños e de mellorar o medio ambiente”, explicou o presidente.

“Para evitar situacións máis extremas, insistimos en que é necesario facer un uso racional do recurso, xa que estamos ante un escenario de seca meteorolóica prolongada que só poderemos paliar coa colaboración conxunta das administracións, dos regadores, das empresas hidroeléctricas e dos ciudadan@s en xeral”, incidiu Quiroga.

“Para concluír e tendo en cuenta que as predicións a medio prazo fan prever que a situación de seca continuará durante os próximos meses, é imprescindible, ademais da adopción de medidas, o concienciar á poboación desde a Administración local, a máis próxima ao cidadán e competente en materia de abastecemento, ao uso racional e responsables da auga, lembrándolles que estamos ante un recurso limitado, necesario e dependente das condicións climáticas”, concluíu o presidente da CHMS.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.049299955368042