A CHMS inicia as obras de retirada da represa e do muro de formigón no lugar do Cubeiro

RibeiraSacraXa
Concretamente, os traballos vanse levar a cabo á altura da ponte da estrada N-120 entre os termos municipais de Sober e Pantón
río-Cabe-Canaval-Sober
19 Ago 2024

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil inicia as obras de retirada da represa e do muro de formigón existente no lugar do Cubeiro, no río Cabe en Canaval, no municipio de Sober.

A actuación forma parte do Programa de conservación e restauración de leitos da demarcación hidrográfica do Miño-Sil en Galicia.

Concretamente, os traballos vanse levar a cabo á altura da ponte da estrada N-120 entre os termos municipais de Sober e Pantón.

Con esta actuación preténdese diminuír o risco de inundacións, recuperar a morfoloxía natural do leito e recuperar a dinámica natural do río en canto a fluxos e transporte de caudais sólidos.

Tamén ten como obxectivo recuperar o bosque autóctono de ribeira en zonas degradadas da contorna, mellorar a permeabilidade para as migracións de especies piscícolas e mellorar a adaptación e resiliencia fronte ao cambio climático do escosistema.

0.19614911079407