A CHMS finaliza a obra do paso sobre o río Portiño no Saviñao
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, supervisou as obras de paso sobre o río Portiño en O Sabiñao, que mellorarán a mobilidade, seguridade e comunicación dos veciños do núcleo de Ourigo. Nesta visita estivo acompañado polo alcalde do municipio, Juan Carlos Armesto.
Estas obras, executadas pola CHMS, comezaron coa retirada dos restos da infraestrutura preexistente e a limpeza do leito na zona afectada, para continuar coas obras da nova ponte deseñada cunha sección suficiente para o paso da máxima avenida, atendendo ao plan hidrolóxico vixente. Como complemento a estas actuacións, realizouse a reposición do pavimento do tramo de estrada afectado por estas obras.
Para dar por concluídas as actuacións só está pendente a colocación da bionda de seguridade e a reposición de seméntalas de estabilización dos noiros, coa previsión de recepción para a primeira quincena de agosto.
“En aras da colaboración entre administracións, esta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciou o 80% da nova obra de paso que conta coa capacidade de desaugadoiro suficiente para evitar as crecidas que poñían en perigo a seguridade da infraestrutura anterior” explicou o presidente.
“Estas obras, que supoñen un investimento do Goberno de España de máis de 120.000 euros, mellorasen a mobilidade, seguridade e comunicación dos veciños de Ourigo,” concluíu Quiroga.