A CHMS está a construír unha rampa de acceso ó río Sil

RibeiraSacraXa
A CHMS está a executar, nas inmediacións de Castro de Abaixo-Augas Mestas, unha obra necesaria para Protección Civil de Ribas de Sil.
ribas de sil acceso rio obras
17 Out 2021

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a executar, nas inmediacións de Castro de Abaixo-Augas Mestas, no Concello Ribas de Sil, unha obra necesaria para Protección Civil de Ribas de Sil.

Consiste na construcción dunha rampa de acceso ó río Sil para poder fletar a zodiac do concello e realizar os labores de busca ou salvamento de persoas.

Con esta obra, cúmplese unha reivindicación que se estaba a facer con insistencia dado que este é o único punto de acceso en moitos km de ribeira de río. Desta maneira, en quince días aproximadamente, contarase con esta infraestructura coa que se accederá con comodidade e rapidez ó embalse de San Esteban, independentemente do alto ou baixo que estea o nivel das augas.

ribas de sil rio obras
0.18930196762085