A charla 'Diálogo sobre identidades' polo mes do Orgullo terá lugar en Monforte
O BNG de Monforte organiza un acto polo coloquio de cara a celebrar o mes do Orgullo baixo o nome de 'Diálogos sobre identidades' este xoves, 22 de xuño, ás 20.30 horas no Centro Cívico do Malecón de Monforte.
Neste evento participarán a artista Candela Piñeiro, encargada de presentar a iniciativa, e o fotógrafo e escritor monfortino Alan Balzac, que charlará sobre identidades hexemónicas e subversivas desde un punto de vista teórico e cultural.
Desde o BNG, convidan a toda a cidadanía a asistir e participar no coloquio, xa que consideran que o traballo de Alan Balzac é moi interesante, xa que xira arredor do autocoñecemento mediante estudos teóricos e filosóficos. Publicou un primeiro ensaio onde emprega teoría, experiencias persoais e fotografía para abordar que é a identidade.