A celebración do Xoves de Compadres na Pobra do Brollón trasládase á Casa da Cultura

RibeiraSacraXa
A xuntanza prevista para a queima das figuras e a chocolatada terá que celebrarse neste espazo a causa da previsión de choiva
Xoves-de-compadres-A-Pobra-do-Brollón
4 Feb 2026

A Pobra do Brollón dará inicio ao Entroido este mércores, 5 de febreiro, coa celebración do Xoves de Compadres. Por mor da chuvia, a xuntanza prevista para a queima das figuras e a chocolatada trasladarase á Casa da Cultura Olga Novo, onde as actividades comezarán a partir das 18:30 horas. Dende o Concello lembran, ademais, que o prazo para anotarse no Concurso de Compadres remata este mesmo mércores.

A programación do Entroido continuará a próxima semana co Xoves de Comadres, para o que tamén están abertas as inscricións ao concurso, neste caso ata o 11 de febreiro.
O sábado 14 de febreiro celebrarase o Concurso de Disfraces, cun desfile que sairá ás 17:00 horas desde o cruce da Avenida de Galicia coa Estrada de Saa, percorrerá as principais rúas da vila e finalizará na área recreativa dos Samugueiros. O prazo de inscrición para participar neste concurso remata o 12 de febreiro.

Os premios estableceranse segundo as distintas categorías, con cantidades de ata 175 euros para carrozas, comparsas grandes e pequenas e disfraces individuais, incluíndo recoñecementos específicos para participantes locais e non locais. O xurado terá en conta criterios como a orixinalidade, a montaxe, a elaboración, o humor e os materiais empregados. Ademais, as carrozas que participen no desfile e non resulten premiadas recibirán un accésit de 40 euros.

⚙ Configurar cookies
0.10104584693909