A celebración do Festival do Viño provocará cortes de tráfico desde este domingo en Monforte

Os preparativos para a celebración do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte ocasionan cortes de tráfico desde este domingo e ata a celebración do evento, os días 4, 5 e 6 de xullo.
O Concello informou que a Policía Local realizará un dispositivo que implica o peche progresivo do Paseo do Malecón para facilitar o montaxe e desmontaxe dos stands e estruturas do evento.
O corte farase en dúas fases: desde o domingo 29 de xuño ás 8:00 horas ata o martes 8 de xullo ás 23:00 horas pecharase a rúa Malecón desde o seu inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio. A partir do mércores 2 de xullo ás 8:00 horas e ata o luns 7 de xullo ás 23:00 horas o peche será total no Paseo do Malecón e na baixada lateral ao Ambulatorio.
Ademais, xa este mesmo sábado 28 de xuño a Policía Local comezará a retirar as zonas de estacionamento para facilitar estas restricións.
O Concello asegura que todos os cortes estarán sinalizados e que, no caso de que os traballos rematen antes do previsto, o tráfico reabrirase inmediatamente.