A CEL afonda en Monforte sobre o impacto da IA no sector vitivinícola

RibeiraSacraXa
A través dun taller titulado "Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola", a CEL convida ás empresas do sector do viño da zona de Ribeira Sacra a participar nunha xornada técnica de traballo dedicada á innovación en viticultura
Viñedos-Monforte
21 Mar 2025

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta a través da iniciativa Conecta Lugo, un obradoiro práctico en Monforte de Lemos para analizar o impacto das "Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola".

A través deste taller a CEL convida as empresas do sector do viño da zona de Ribeira Sacra a participar nunha xornada técnica de traballo dedicada á innovación en viticultura, na que participarán expertos de referencia explicando os últimos avances en tecnoloxía aplicada ao cultivo de vide e á produción de viño.

Este encontro transfórmase así en en unha oportunidade única para coñecer como a intelixencia artificial, a visión por computador, a dixitalización e a automatización están a transformar o mundo da viticultura, mellorando a produtividade e a calidade dos viños.

O obradoiro completou aforo fai xa dous días, e conta con máis de medio centenar de empresas inscritas.

A esta actividade, que se levará a cabo na tarde deste venres, 21 de marzo, precedeulle outro encontro en Quiroga titulado “Innovación para transformar o territorio”, que incluíu no seu programa charlas sobre axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e servizos da Oficina Económica de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.87826299667358