A Casa do Maior ‘O Catadoiro’ de Bóveda arranca a súa actividade con todas as prazas cubertas

RibeiraSacraXa
O centro, inaugurado fai apenas unha semana, ofrece un total de cinco prazas para maiores de 60 de anos
Inauguración da Casa do Maior Catadoiro, en Bóveda
Inauguración da Casa do Maior de Bóveda
15 Jan 2025

A Casa do Maior ‘O Catadoiro’, situada na parroquia de San Fiz de Rubián, no concello de Bóveda, inicia a súa actividade con todas as prazas cubertas.

A vivenda, situada no lugar de Eimer, está xestionada por Raquel López Corujo e conta con cinco prazas para maiores de 60 anos, que non son dependentes ou con dependencia Grao I, tal e como explican dende o Concello. O horario deste centro é 9.00 a 17.00 horas, e as persoas usuarias contan con transporte ata a residencia así como un servizo de xantar.

As Casas do Maior, explican desde o Concello, son pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

0.17456793785095