A casa de ladrillo de Ribas de Sil rehabilitarase para mellorar a oferta de ocio e turismo no municipio

RibeiraSacraXa
A casa de ladrillo de Ribas de Sil rehabilitarase para mellorar a oferta de ocio e turismo no municipio das Montañas do Courel
Casa do ladrillo Ribas de Sil
25 Maio 2023

O Concello de Ribas de Sil vén de anunciar que xa "se están dando os primeiros pasos para a recuperación dun edificio emblemático para San Clodio: a rehabilitación da casa do ladrillo", explican desde o goberno local.

As obras, segundo explican, mellorarán a oferta de ocio ao lado do Parque Infantil, dotando ao municipio dun punto de información turística e da primeira fase do Centro de Interpretación do Ferrocarril.

Ademais, grazas a este edificio, aumentarán a oferta de plazas hoteleiras, ademais de servir para dar aloxamento aos visitantes do Xeoparque que veñan dar charlas, cursos, investigacións ou facer colaboracións, "para que sigan poñendo en valor o noso territorio das Montañas do Courel", sentenzan desde o Concello de Ribas de Sil.

0.053300857543945