A Casa da Música de Chantada pecha ata o 11 de febreiro

RibeiraSacraXa
Suspéndense as clases colectivas e as individuais impartiranse de xeito telemático pola pandemia da covid-19
26 Xan 2021

A Casa da Música de Chantada manterá pechadas as súas instalacións dende este mércores 27 de xaneiro ata o vindeiro 10 de febreiro, ambos incluídos, como medida preventiva ante a actual situación sanitaria.

O peche da Casa da Música supón a suspensión das clases das materias colectivas: ballet, danza moderna, danza rexional, pandeireta, batucada, banda infantil, banda xuvenil, os diferentes combos, linguaxe musical e música e movemento.

As clases presenciais de materiais individuais pasarán a impartirse de xeito telemático. É o caso das clases de acordeón, baixo, batería, canto, clarinete, frauta, gaita, guitarra, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, percusión, piano, ukelele e violín.

Dende a Casa da Música piden desculpas polas molestias que este peche poida ocasionar ao alumnado pero estiman "que é unha cuestión de responsabilidade" tomar esta decisión, en coordinación co Concello de Chantada.

0.14571404457092