A Casa da Música de Chantada ofrece diversas actividades para este curso que comeza

RibeiraSacraXa
Xa está aberto o prazo de inscrición para matricularse nalgunha das actividades formativas que desenvolve a Casa da Música do Concello de Chantada e ata o 15 de setembro poderanse apuntar as persoas interesadas.
Casa da Musica Chantada
3 sep 2023

Xa está aberto o prazo de inscrición para matricularse nalgunha das actividades formativas que desenvolve a Casa da Música do Concello de Chantada e ata o 15 de setembro poderanse apuntar as persoas interesadas.

Dentro das actividades propostas están as actividades colectivas, como son o ballet, a banda infantil, a batukada, o combo, a danza moderna, a danza rexional, a linguaxe musical, a música e movemento e a pandeireta.

Pola súa parte, as persoas interesadas tamén poderán tocar diversos instrumentos, como o acordeón, o baixo eléctrico, a batería, o clarinete, a frauta, a gaita, a guitarra, a percusión, o piano, o saxofón, o trombón, a trompa, a trompeta, a tuba, o ukelele, o violín e asistir a clases de canto.

matricula Casa da música Chantada
0.091753959655762