A Casa da Música de Chantada crea un novo proxecto a BIG BAND
A casa da música de Chantada embárgase nun novo proxecto a BIG BAND, esta é unha nova agrupación musical impulsada por esta entidade na que os seus integrantes son parte do alumnado, do profesorado da Casa da Música e está aberta á participación de tódolos músicos da vila.
Esta iniciativa é unha maneira de formar grupo e que os talentos musicais que conforman Chantada se unifiquen para crear unha banda musical. Debido á situación pandémica, aínda non hai data para poder coñecelos en persoa. Porén, no Facebook da Casa da Música de Chantada pódese descubrir á agrupación nun vídeo no que interpretan unha canción.
Vento, corda, percusión e voz conforman esta nova agrupación musical que promove a cultura musical, o talento e as actividades en veciñanza.
As materias que se imparten na Escola de Música de Chantada é a frauta traveseira, clarinete, oboe, saxofón, trombón, bombardino, tuba, trompeta, trompa, percusión sinfónica e tradicional, batería, guitarra, piano, danza contemporánea e rexional, ballet, pandeireta, gaita, linguaxe musical, música e movemento, conxunto instrumental e banda infantil.