A Casa da Música de Chantada acolle a actividade 'Foles solidarios'

RibeiraSacraXa
A Casa da Música de Chantada acolle a actividade 'Foles solidarios', que inclúe unha charla formativa e un concerto
Afa Chantada
25 Mar 2023

A actividade ‘Foles Solidarios’, organizada por AFA Chantada, terá lugar este domingo, 26 de marzo, na Casa da Música de Chantada.

Este taller, que comezará ás 17.30 horas, versará sobre a historia e evolución do acordeón.

Ademais, ás 19.00 horas haberá un concerto de acordeóns.

As persoas que queiran poderán facer un donativo a favor da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e otras demencias Neurodexenerativas.

Foles solidarios Chantada
0.070516109466553