A Casa da Memoria foi o escenario do terceiro encontro do Bóveda Slam Poetry

RibeiraSacraXa
O encontro concluíu coa entrega de premios desta edición, na que resultaron gañadores Peter Brea, Roberto do Pacio, e Inés Mosquera
peter-brea-boved-slam
Peter Brea, Bóveda Slam Poetry
31 Mar 2026

A Casa da Memoria acolleu este pasado sábado, 28 de marzo, o terceiro encontro de Bóveda Slam Poetry, unha cita na que a poesía e a música se deron a man nun ambiente participativo. O evento contou co acompañamento musical de Fito Mansilla, que puxo banda sonora a un recital poético de alto nivel.

No encontro participaron os poetas Ana Belén Gómez, Color y Poeta, Inés Mosquera, Tamara Pereiro, Roberto do Pacio, Peter Brea e José Antonio García, que ofreceron as súas propostas diante do público asistente.

Tras o recital, Fito Mansilla ofreceu un concerto no que, xunto con Patricia Castro ao fagot, convidaron o público a participar activamente en varias das súas pezas, dando lugar a unha velada cultural dinámica e participativa.

O encontro concluíu coa entrega de premios desta edición, na que resultaron gañadores Peter Brea, que recibiu o Caderno de Ouro, Roberto do Pacio, o Caderno de Prata, e Inés Mosquera, o Caderno de Bronce.

0.12646007537842