A Casa da Memoria de Bóveda presenta a súa programación cultural para este outono

RibeiraSacraXa
Literatura, música e teatro encherán o programa dos próximos meses
Casa-da-Memoria-de-Bóveda
20 Sep 2025

A Casa da Memoria de Bóveda presenta a súa programación cultural para este outono, con actividades que combinan literatura, música e teatro.

O domingo 19 de outubro, a partir das 12:00 horas, celebrarase a actividade 'Entre libros e músicas', que comezará coa presentación do libro 'Ciudad de la Selva – Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio', a cargo do Colectivo Sputnik Labrego. Ás 13:00 horas, continuará cun concierto vermú con Bouba Pandeireteiras, que presentará o seu traballo 'Termando dos marcos'.

O venres 31 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar a 'Noite do Samhain', unha celebración dedicada aos seres queridos que trascenderon. A actividade incluirá narración de contos, asado de castañas e un espazo de agradecemento, guiada por Teresa Grau, da Asociación 'Vivir para bien morir'.

No ámbito teatral, o sábado 8 de novembro, ás 20:00 horas, representarase 'Sen frores nin coroas', a cargo da compañía 57 Palabras. Mentres que o sábado 29 de novembro, tamén ás 20:00 horas, será o turno de 'Comedia en 6 actos', interpretada pola compañía Curuxán. Ambas funcións forman parte do Circuito de Teatro Aficionado ou Profesional da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A programación está organizada pola asociación sen ánimo de lucro 'A Memoria é Raízfraga', coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.10114502906799