A Casa da Memoria de Bóveda acollerá a presentación de ‘Ciudad de la Selva’, do colectivo Sputnik Labrego
RibeiraSacraXa
Será o domingo, 19 de outubro, e estará amenizada cunha sesión vermú a cargo das pandeireteiras Bouba

Casa da Memoria de Bóveda
10 Oct 2025
O vindeiro domingo, 19 de outubro, ás 12:00 horas, A Casa da Memoria acollerá un encontro co colectivo Sputnik Labrego, que presetará o seu libro ‘Ciudad de la Selva’, unha obra que percorre a “memoria resistente” do territorio.
Tras a presentación, ás 13:00 horas terá lugar unha sesión vermú coa música das pandeireteiras Bouba, que porán ritmo e voz á xornada. O evento convida á veciñanza a escoitar, compartir e celebrar a comunidade nunha mañá marcada pola cultura e a música.