A Casa da Cultura 'Olga Novo' ofrecerá talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

RibeiraSacraXa
A actividade está organizada pola Asociación Española contra o Cancro de Lugo coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón
Casa-da-Cultura-Olga-Novo-A-Pobra-do-Brollón
Casa da Cultura Olga Novo
27 Jan 2025

A Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón acollerá a partir do vindeiro mércores, 5 de febreiro, unha serie de talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares.

A actividade, organizada pola Asociación Española contra o Cancro de Lugo coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, terá lugar todos os mércores entre os meses de febreiro e abril en horario de 17.00 a 19.00 horas.

0.16742205619812