A Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón acolle o espectáculo teatral do Dúo Vaguedades

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón acolle o espectáculo teatral do Dúo Vaguedades o vindeiro 30 de abril
Casa da Cultura Olga Novo A Pobra do Brollón
25 Abr 2023

O vindeiro 30 de abril terá lugar un espectáculo teatral-musica na Pobra do Brollón con entrada de libre e de balde para as persoas interesadas.

A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá o Dúo Vaguedades, formado por Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, a parella que formou este dúo musical que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías de Galicia na súa época.

Así, Isabel Risco e Fran Rei interpretarán este dúo como unha revisión cómica de parte da cultura galega, acompañado de moita música, teatro e humor a partir as 19.00 horas.

Dúo Vaguedades a Pobra do Brollón
0.10071206092834