A Casa da Cultura de Sober acolle esta tarde un espectáculo de novo circo

Este venres ás 18:00 horas, a Casa da Cultura de Sober acollerá un espectáculo de novo circo a cargo da compañía Pistacatro Productora de Sueños.
Pablo Trasno, un dos principais referentes do novo circo galego, será o encargado de presentar esta función. Con máis de mil actuacións na súa traxectoria, actuou en escenarios de varios países como España, Portugal, Reino Unido, India e Brasil, entre outros.
Ademais, en Bolmente celebrarase ás 18:30 un concerto de villancicos para ambientar estas datas.
O domingo 28, será o turno do grupo Os Folieiros de Lavadores, que ofrecerán un espectáculo de música tradicional tamén no Centro Sociocultural.